Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN PRETO DE 600.000 EUROS O MANTEMENTO DE SERVIZOS E SEGURIDADE VIARIA EN VARIAS RÚAS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas poden facelo ata o vindeiro 12 de novembro
Narón, 4 de novembro de 2021. O Concello licita en 597.427 euros o contrato de mantemento de servizos e seguridade viaria en rúas do termo municipal. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que recordou que as empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o vindeiro día 12 de novembro, ás 15.00 horas, para presentar as súas ofertas no Concello. “Con cargo a este contrato levaranse a cabo traballos de pavimentación e repavimentación de viais, uns labores para os que a empresa que finalmente resulte adxudicataria disporá dun prazo de execución de seis meses”. Os plegos técnicos e administrativos ao completo, así como outra información do procedemento, pódese consultar a través da Plataforma de Contratación do Sector Público. Ferreiro indicou que os viais sobre os que se realizarán as actuacións están ubicados nas zonas de Xuvia, Piñeiros, Freixeiro, Alto do Castiñeiro e A Gándara, recordando que se trata dunha intervención programada con cargo ao Plan de Investimentos municipais impulsado polo Concello para este ano. “Os viais seleccionáronse en función do deterioro que sufren debido ás inclemencias do tempo e tamén á densidade de tráfico rodado que se rexistra nos mesmos”, apuntou a alcaldesa, incidindo en que as obras se acometerán co obxectivo de “asegurar a seguridade de peóns e vehículos, fin este ao que destinamos esta importante partida para complementar outras actuacións que xa se levaron a cabo nesta mesma liña”. “En función do estado que presente cada unha das vías incluídas neste proxecto a empresa determinará cal é a actuación a executar para así mantelas nas mellores condicións”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa apuntou que se trata dun Plan de investimentos municipal que non se centra unicamente no pavimento, senón que tamén contempla traballos encamiñados á mellora de instalacións deterioradas e beirarrúas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal