Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE EMPRENDEDORES E EMPRENDEDORAS DA COMARCA PARTICIPARON NUNHA XORNADA DE "SPEED NETWORKING"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, acudiron á presentación do evento xunto co presidente de AJE Ferrolterra, Luis G. Rey
Narón, 5 de novembro de 2021. Esta mañá tivo lugar no Centro Manuela Pérez Sequeiros de Narón, unha xornada de “Speed Networking” organizada por AJE Ferrolterra en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Narón. A presentación correu a cargo da Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, do Concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e do Presidente de AJE Ferrolterra, Luis G. Rey. Este é o primeiro Networking presencial dende o inicio da crise sanitaria, e nel participaron unha trintena de emprendedores e emprendedoras da comarca. Ademais, desenvolveuse cun novo formato no que un moderador foi formulando preguntas aos participantes e cada un deles expuxo o seu proxecto ante o resto de asistentes. Tras dúas horas e media de duración, os participantes amosaron a súa satisfacción por este novo formato e pola volta á presencialidade deste tipo de eventos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal