Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TRESCENTAS PERSOAS ENTREGARON SOLICITUDES PARA PRESENTARSE A CINCO PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO
O Concello analizará a documentación entregada e posteriormente publicará o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso
Narón, 5 de novembro de 2021. Un total de 300 persoas entregaron as solicitudes para presentarse aos exames de cinco prazas de auxiliar administrativo convocadas polo Concello. O proceso será a través dunha oposición, sendo cinco prazas de turno libre e reservándose unha delas para persoas con discapacidade. O Concello publicará a lista provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso unha vez comprobe toda a documentación presentada polos aspirantes a estas prazas. Posteriormente abrirase un prazo de dez días para presentar alegacións e despois publicarase o listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as. A fase de oposición constará de catro exercicios, sobre a parte teórica do exame –o temario pode consultarse nas propias bases-, informática e galego. As bases que rexen esta convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 5 de febreiro de 2020, 13 de abril e 2 de agosto de 2021, así como no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo de 2020, 28 de setembro e 1 de xuño de 2021.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal