Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA TRINTENA DE PERSOAS PARTICIPAN NAS "I XORNADAS MICOLÓXICAS CONCELLO DE NARÓN"
O Pazo da Cultura acolle a convocatoria, que continúa hoxe e que rematará mañá cunha saída ao monte Forgoselo, en As Pontes
Narón, 5 de novembro de 2021. A trintena de prazas que se ofertaron para asistir á primeira edición das Xornadas micolóxicas organizadas polo Concello de Narón en colaboración coa Asociación Micolóxica Viriato, esgotouse o primeiro día en pouco máis dunha hora. A cita comezou onte, ás 19.30 horas, no Café Teatro do Pazo da Cultura, donde ata as 21.30 horas tivo lugar unha xornada de iniciación á micoloxía que continuará esta tarde na mesma ubicación. Xosé Manuel Fernández Costas e José Bouso, da Asociación Viriato, foron os encargados de dirixirse aos participantes para informalos sobre a materia. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, participaron na convocatoria. As persoas asistentes viron unha proxección sobre os conceptos básicos da micoloxía que a medida que ía avanzando os relatores compaxinaban con información sobre o contexto e a normativa da micoloxía en Galicia, España e Italia. As características dos cogomelos, o seu hábitat, as diferencias entre fungos e cogomelos e entre os cogomelos comestibles e os tóxicos, entre outros temas e anécdotas foron sucedéndose ao longo da tarde, ao igual que sucederá na sesión prevista para hoxe ás 19.30 horas tamén no Pazo. Así mesmo, onte programáronse varias mesas de clasificación nas que os participantes tiveron a oportunidade de observar unha gran variedade de especies de cogomelos, apreciando as súas características e coñecendo a gran diversidade dos que se poden atopar nesta comarca. Finalmente, mañá os participantes sairán en autobús sobre as 9.30 horas do Pazo da Cultura cara ao monte Forgoselo –na zona do concello das Pontes- para acudir a partir das 10.00 horas, xunto con profesionais na materia, a unha clase de carácter práctico sobre recoñecemento de cogomelos. Non se trata de recoller cogomelos, tal e como indicaron, senón de observalos no seu entorno. A organización decidiu organizar tres grupos, de dez persoas cada un deles, cun monitor que os acompañará, da Asociación Viriato, e que lles irá explicando as diferentes variedades que atoparán no percorrido, de aproximadamente dúas horas de duración. Dende o colectivo indicaron que a mellor tempada de cogomelos comestibles é dende finais de setembro ata finais deste mes, aínda que tamén se poden atopar o resto do ano.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal