Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICION DO PROGRAMA ECOESCOLA ESTE NADAL
Ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral para as mulleres de Narón
Narón, 16 de Decembro de 2009.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada, abriu hoxe o prazo de inscripción para participar no programa Ecoescola, pensado para facilitar a conciliación de nais con fillos durante a época do Nadal. A matrícula pode realizarse ata o vindeiro 21 de decembro, no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) e o impreso de inscripción pode descargarse tamén na páxina web municipal. O programa Ecoescola intégrase nos obxectivos do I Plan de Igualdade para as mulleres de Narón, este programa está pensado para garantir a igualdade de oportunidades a familias en risco de exclusión social e para facilitar a conciliación familiar e laboral ás mulleres. Os destinatarios do programa Ecoescola son nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade. Poderán participar en diferentes obradoiros, que se celebrarán no parque temático Aldea Nova (Sedes) os días 28, 29 e 30 de decembro. A relación de actividades que se levarán a cabo neste lugar, dentro do programa Ecoescola, son as seguintes: - Xogos tradicionais ( a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas …) -Enerxías Renovables ( experimentar e aprender coas novas -tecnoloxías,cociñar na cociña solar, facer motores…) -Astronomía ( Identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable ou no mesmo ceo cos telescopios…) -Pegadas, rastros e sinais ( recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e poderán facer un taller das pegadas dos animais) -Agroecoloxía ( Labores na horta de forma ecolóxica e tradicional) -Supervivencia ( Saber orientarse no medio físico) -Cometas ( aprender a facer cometas) -Gandería( coñecemento e coidado dos animais de granxa ) -Etnografía ( historia e tradicións de Galicia aproveitando a reprodución do castro, da mámoa ou a casa-museo…) -Cociña ( facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…) -Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo construción de monicreques,…..) -Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros) -Candeas ( realizar velas con paneis de abellas) -Xabón ( realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais) O programa Ecoescola iniciouse as pasadas vacacións de Semana Santa, e trátase dunha iniciativa pioneira na bisbarra en conciliación laboral e familiar. O prezo da matrícula para este programa é de 15 euros, e inclúe o transporte en autobús dende as distintas parroquias de Narón.
Descarga de archivos
SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA ECOESCOLA
Tamaño:79,00 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal