Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ UN CICLO DE MÚSICA GOSPEL
Terá lugar os días 21, 22 e 23 de decembro ás 20:30 horas.
Narón, 18 de Decembro de 2009.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá os días 21, 22 e 23 de decembro un Ciclo de Música Góspel no que participarán agrupacións de renombre internacional. Trátase do Georgia Mass Choir, Black Heritage Choir, e Amén Góspel Choir. O primeiro concerto será o luns 21 de decembro, a cargo de The Georgia Mass Choir. Este coro acompañou a Whitney Houston na producción Touchstone Pictures 1996-97: “La Mujer del Predicador”. Tres das cancións incluidas no sue disco Georgia Mass Choir Greatest Hits, editado por Savoy Records, poden escoitarse na banda sonora da película. Pouco despois desta colaboración, Greatest Hits (Savoy 7123) acadou os primeiros postos nas listas Gospel de Billboard. O disco chegou ó nº 1 en xaneiro do 1997 e estivo nesa posición ata o mes de maio. O mundo escoitou a The Georgia Mass Choir nas cerimonias de inaugración e clausura dos Xogos Olímpicos de Atlanta en 1996. The Georgia Mass Choir, durante 1997, foi nominado para os premios Stellar, Grammy y Dove. Gañou, xunto con Whitney Houston, el premio NAACP. Actuou, con Whitney Houston e Stevie Wonder, na gala do Celebrated the Dream: 50 Years of Ebony, retransmitido por TV a todos os Estados Unidos. Tamén se presentou en programas da cadena ABC e da NBC. En abril e maio, en el Beacon Theatre, formaron parte do musical de Broadway “Why Good Girls Like Bad Boys”. Dentro da xira internacional que están a realizar na actualidade, presentarán no Pazo da Cultura un repertorio de Gospel tradicional e os seus grandes éxitos. O martes 22 de decembro tócalle o turno ó Black Heritage Choir que baixo a dirección de Mr. Jerry Calvin Smith, no seu concerto “The Sound of Gospel”, rinden homenaxe á música espiritual negra, dende as súas orixes nas prantacións ata a súas derivacións máis urbanas. Trátase dun coro de solistas, no que todos os seus compoñentes teñen un papel protagonista sen que esa singularidade debilite o son do conxunto. O son do góspel está presente no ritmo e nas vibracións de toda a música popular contemporánea. Non só as grandes estrelas da canción internacional están en débeda cos milleiros de cantantes anónimos que practicaron este estilo ó longo de tres séculos, senón que moitas delas, Aretha Franklin, Ray Charles, os Jackson, James Brown, proceden directamente das igrexas negras. O Ciclo de Góspel rematará o mércores 23 de decembro coa actuación de Amen Gospel Choir, que é unha formación que destaca na interpretación de temas vocais. Este popular grupo tivo un gran recoñecemento no estado de Mississippi e no extranxeiro dende a súa creación en 1994. Grabaron en numerosas ocasións para o selo Malaco Records. Os seus discos máis célebres con esta compañía foron “Jesus is My Rock”, xunto á gran cantante Dorothy Norwood, “Draw Me Nearer” e o tradicional “Swing Low”. Amen Gospel Choir é un dos grupos máis versátiles no eido da música Gospel. O seu repertorio inclúe dende Gospel tradicional ata Gospel contemporáneo, pasando polo Negro Spiritual e os Himnos. O seu director, David Curry naceu en Jackson, Mississippi. Inició a súa formación na Linden Church SDA, coñecida pola súa rica herdanza musical. Participou nas formacións Unity, The Revelations, Epiphany e Last Appeal. Tocou o piano e os teclados no Linden Ensemble for Christ, galardoados cun Grammy. En 1989 gañou, con Last Appeal, o McDonald's Tri-State Gospel Fest. Tamén nese ano, o grupo gañou o Gospel Academy Award na categoría de Grupo do Ano. En 1991, asinaron contrato con Capitol Records e en 1995 pasaron a Sony. O Amén Gospel Choir actuou con The Winans, Albertina Walker e Shirley Ceaser. Grabaron con Grover Washington Jr. e Be Be Winans. Participaron varias veces no programa de TV Bobby Jones Gospel. O ciclo de Góspel está dirixido a tódolos públicos. As actuacións comenzarán ás 20:30 horas e o prezo das entradas é de 8€ para adultos, e 4€ para menores de 14 anos. Os abonados pagarán 5,60€ e existe a posibilidade de mercar un bono para os tres concertos, ó prezo de 17€.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal