Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO PARA ESCOLLER, PREPARAR, LIMPAR E COCIÑAR PRODUTOS DO MAR
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou esta convocatoria, aberta á cidadanía, acompañado por Javier Castro, da asociación Terra Rendible
Narón, 12 de novembro de 2021. O edil de Promoción Económica, David Pita, e Javier Castro, integrante da asociación Terra Rendible, presentaron esta mañá no Concello un obradoiro para escoller, preparar, limpar e cociñar produtos do mar que se desenvolverá os días 20 e 21 deste mes no Centro Cívico Social do Val, de 10.00 a 14.00 horas. Pita explicou que se trata dunha proposta dirixida á cidadanía en xeral, e recordou que se enmarca no proxecto “Narón mar aberto”, financiado pola Unión Europea (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) e subvencionado a través do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro Golfo Ártabro Norte (GALP). Conta ademais coa colaboración da Asociación de Veciños do Val, a Asociación Terra Rendible e a Confraría de Pescadores de Barallobre. As prazas son limitadas, podendo participar un máximo de trinta persoas cada día, e as persoas interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro 18 de novembro (ata completar o aforo) a través do correo electrónico: promocioneconomica@naron.es. A docente Susana Rañal será a persoa encargada de impartir este obradoiro, no que se explicarán as diferentes elaboracións do peixe: cocción, prancha e outras técnicas. “Os participantes poderán aprender a distinguir as propiedades e limpar as pezas segundo o cociñado que lles darán, e recibirán ademais trípticos coas receitas das elaboracións que se van facer”, avanzou o edil naronés. O representante de Terra Rendible incidiu na importancia de convocar este tipo de actividades “porque o peixe é un produto moi sano para persoas de todas as idades”. Pola súa banda, Pita agradeceu a colaboración das entidades e administracións implicadas nesta iniciativa e subliñou que dende o Concello se convoca este obradoiro “coa finalidade de dar a coñecer a temática que se abordará no mesmo e tamén para incentivar o consumo de produtos locais, de proximidade, o que deriva tamén na creación de emprego na zona”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal