Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA VARIOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DÍA DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou a programación acompañada polos edís de Turismo, Natalia Hermida, e Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 16 de novembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou esta mañá acompañada polos edís de Turismo, Natalia Hermida, e Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, os actos conmemorativos do Día de Narón, que se celebra cada 23 de novembro na cidade. A programación deseñada para a xornada comezará ás 12.00 horas, cun acto institucional no que se presentará a escultura en homenaxe á solidariedade, tal e como anunciara a alcaldesa, unha obra que pertence ao mestre escultor coruñés José Castiñeiras Iglesias e que se ubicará na glorieta da estrada de Castela localizada na intersección co Camiño do Lodairo. A rexedora local destacou, nunha clara alusión a esa solidariedade, o lema baixo o que se desenvolverá a convocatoria: “Saber tender unha man nos momentos máis difíciles fainos ser un gran pobo”. A Praza 23 de novembro acollerá parte dos actos matinais do vindeiro martes, concretamente cun espectáculo do Mago Antón que se poderá ver de 12.00 a 12.45 e dende as 13.15 ata as 14.00 horas. É unha proposta pensada para maiores de 8 anos e á que poderán acudir un máximo de 50 persoas por sesión, prazas que se cubrirán por orde de chegada. Tamén entre as 12.00 e as 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas se desenvolverán varios xogos populares, nos que poderán participar persoas de todas as idades. O Mago Antón regresará co seu espectáculo á Praza 23 de novembro pola tarde, con tres novas sesións, unha de 16.00 a 16.45 horas e a outra dende as 17.30 a 18.15 e a última de 19.00 a 19.45. A maiores, de 17.00 a 18.00 horas tamén se programou un espectáculo musical dirixido a público familiar, “A fiestra dos soños”, a cargo da compañía Trotaventos. Haberá tamén este ano un apartado gastronómico, neste caso unha chocolatada popular, de 18.00 a 20.00 horas. A programación rematará, como é tradicional, co acto de entrega dos premios correspondentes á decimoterceira edición do Concurso de Pintura Cidade de Narón, que terá lugar ás 19.00 horas no Pazo da Cultura. Ferreiro convidou ás veciñas e veciños a participar nestes actos “para despois destes meses tan complicados poder xuntarnos novamente e celebrar a festividade da nosa cidade, con propostas abertas a toda a cidadanía”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal