Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS "COIDO QUE TE COIDAS!" E "A QUE ESTADES XOGANDO?"
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, animou ás veciñas e veciños a participar nestas convocatorias, que se desenvolverán en locais sociais da zona urbana e rural
Narón, 18 de novembro de 2021. O Concello abriu o prazo de inscrición nos obradoiros “Coido que te coidas!” e “A que estades xogando?”, enmarcados na iniciativa “Da man da corresponsabilidade”. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, explicou que as sesións do obradoiro “Coido que te coidas!” desenvolveranse os días 25 de novembro e 2, 9 e 16 de decembro no local social de Piñeiros e as de “A que estades xogando?” serán o día 26 deste mes no local da AVV da Gándara, o 3 de decembro no da AVV “Os Irmandiños”, do Val e o 10 de decembro no local da AVV Virxe do Mar. En todos os casos a convocatoria desenvolverase de 16.30 a 18.00 horas. A edil naronesa indicou que no caso do obradoiro “Coido que te coidas!” trátase dun obradoiro dirixido a familias da cidade, para incorporar o bo trato e o autocoidado como dimensións fundamentais para unha crianza igualitaria e feliz. Así mesmo, no de “A que estades xogando?”, aprovéitase a proximidade das datas de Nadal para traballar cos participantes cuestións relativas á publicidade, o consumo responsable e as posibilidades que ofrecen os comercios locais para integrar a igualdade de xénero no xogo e nos xoguetes. “Ao igual que outros obradoiros que convocamos hai unhas semanas, estes novos obradoiros programáronse atendendo ás suxestións que no seu día nos realizaron veciñas e veciños da cidade que respostaron a unha enquisa na que nos interesamos polos problemas de conciliación que tiveron durante a pandemia da covid-19”, recordou a edil naronesa. As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información poden facelo a través do correo electrónico: info@arabias.org ou chamando en horario laboral ao número de teléfono 608 631 376.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal