Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DOS NOVOS VEHÍCULOS DO SERVIZO MUNICIPAL DE LIMPEZA
Permitirán mellorar o traballo de limpeza das zonas públicas de Narón
Narón, 18 de Decembro de 2009.- O Concello de Narón dispón de 9 novos vehículos para o servizo municipal de limpeza, valorados en 660.000 euros. Trátase dun lavabeirarrúas, unha barredora de beirarrúas e calzadas, un vehículo recolector de 12 m3 (adaptado para unha mellor accesibilidade para a recollida de resíduos sólidos urbáns), un vehículo multiusos (adaptado para limpeza de parques, xardíns e prazas), un tractor John Deere (para o desbroce das pistas do municipio, xa existe outro), un brazo desbrozador (de ata 5 metros de alcance, para zonas de difícil accesibilidade), un camión gancho e grúa (para mellorar a recollida selectiva de papel e vídrio), unha baldeadora (para baldear vías públicas), e un camión brigada (para limpezas de choque). A nova colección de vehículos únese ó parque móvil municipal do Servizo de Limpeza, sumando un total de 17 unidades. O Concelleiro de Servizos de Narón, Pablo Mauriz, explicou que ademáis da compra destos vehículos por parte de Urbaser, estanse a instalar contenedores de recollida de aceites vexetais. Polo de agora, existen 6 colectores en Santa Icía, A Gándara, Piñeiros, Xuvia e O Alto aínda que a intención do concello é extender o servizo por tódolo municipio ata chegar ós 36 puntos de recollida deste lixo. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, explicou durante a presentación dos novos vehículos que non suporán coste algún para o Concello posto que se adquiren para sustituir a outros, que se entregan logo de ser empregados no servizo de limpeza. “Estos novos equipos forman parte do compromiso que mantén o Concello de Narón coa limpeza e mellora da calidade ambiental do municipio, e queremos continuar mellorando o aspecto desta cidade, empregando máquinas adecuadas coma a nova desbrozadora ou o lavabeirarrúas que estamos a presentar”, sinalou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal