Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA E FUCO BUXÁN PRESENTARON NO CONCELLO AS PROPOSTAS PARA CONMEMORAR O 50 ANIVERSARIO DO 10 DE MARZO DE 1972
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse onte con representantes das dúas asociacións, que lle avanzaron algunhas das propostas para conmemorar a xornada
Narón, 26 de novembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse onte á tarde con representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e de Fuco Buxán para coñecer de primeira man as iniciativas previstas para conmemorar o 50 aniversario do 10 de marzo de 1972, que se cumpre o vindeiro ano. No transcurso da reunión os representantes de ambas entidades presentáronlle a Ferreiro o manifesto da convocatoria: “10 de Marzo (1972-2022) 50 anos de Memoria e Dignidade”, que conta xa con múltiples apoios, e tamén lle avanzaron algunhas das actividades que se desenvolverán en 2022. Os representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e da Asociación Fuco Buxán agradeceron a boa acollida do Concello de Narón ás propostas plantexadas, todas elas encamiñadas a conmemorar uns acontecementos acontecidos nesa data en Ferrol, cunha brutal represión e o asasinato de dous traballadores, Amador Rei e Daniel Niebla. Ferreiro amosou a colaboración do Concello nos actos que se programen para conmemorar esa data o vindeiro ano, incidindo en que “derivaron dunha loita polos dereitos das persoas e contra a represión con fatais consecuencias e que non debe quedar no esquecemento”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal