Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A 37 MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL REMATA ESTA SEMANA COAS REPRESENTACIÓNS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS E NO CPR AYALA
A compañía Teatro ao Cubo pechará o ciclo de representacións deste ano co seu espectáculo "Nube, nube, sol"
Narón, 29 de novembro de 2021. A trixésimo sétima edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Padroado da Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña, rematará esta semana, concretamente o vindeiro venres, día 3, coas representacións programadas nas tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- e na unidade de Infantil do CPR Ayala. As sesións dirixidas a menores de ata 3 anos levaranse a cabo, como é habitual, nos propios centros, para evitar o seu desprazamento a algunha das ubicacións nas que se desenvolve esta mostra con rapazas e rapaces de maior idade, o Auditorio Municipal e o Pazo da Cultura. Nesta ocasión, a compañía Teatro ao Cubo será a encargada do espectáculo co que se pechará esta iniciativa, “Nube, nube, sol”. É unha proposta cargada de diversión e aprendizaxe, pensada para achegar á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre. As representacións previstas para mañá, tres pases en total a partir das 10.00 horas, serán na unidade de Infantil do CPR Ayala, para nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos. O mércores haberá un pase na escola infantil municipal da Solaina, ás 10.00; o xoves outro na da Gándara, a esa mesma hora, e finalmente o venres, a partir das 10.00 haberá dous pases na escola infantil municipal de Piñeiros. A programación da 37 edición da Motix chegará este ano a preto de 4.500 escolares de Narón e comarca unha vez rematada.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal