Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN INICIAN MAÑÁ A CAMPAÑA "REGALA SORRISOS"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou a campaña coa edil de Benestar Social, Catalina García, e o presidente da Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, José Manuel González
Narón, 30 de novembro de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina García, presentaron esta mañá no Concello co presidente da Asociación Centro de Recursos Solidarios de Narón, José Manuel González, a campaña “Regala sorrisos”. A iniciativa porase un ano máis en marcha para entregar agasallos polo Nadal a menores de familias vulnerables da cidade. Unha das accións a levar a cabo será a colocación de huchas nas xogueterías locais O Muíño do Fabal, Din&Don, Todo Ocio (Lego) e Hiper Froiz, para realizar doazóns económicas co fin da campaña. O diñeiro recaudado, a maiores dunha contía que aportará o Centro de Recursos Solidarios de Narón, destinarase a comprar xoguetes novos para os menores que se acollan a esta campaña nos citados establecementos. Así mesmo, recolleranse xoguetes de segunda man –que deben estar en bo estado- nos centros de ensino de educación Primaria da cidade, na Biblioteca municipal –donde ademais seleccionarán e empaquetarán libros para doar-, ma ludoteca municipal, no Centro Comercial Hiper Froiz de Narón, na zapatería Patito de Goma da Gándara, na xoguetería O Muíño do Fabal, no South Park Odeón e no ximnasio Altafit, xunto Odeón. Nos centros escolares poderanse entregar ata o 19 de decembro –polo peche dos centros con motivo das vacacións de Nadal- e no resto de espazos ata o 27 de decembro. José Manuel González, que agradeceu a colaboración do Concello e das persoas implicadas na campaña, incidiu na necesidade de que as persoas que poidan colaborar na campaña “Regala sorrisos” axuden a seleccionar e empaquetar os agasallos, unha tarefa que se levará a cabo nas instalacións do Centro de Recursos Solidarios de Narón (avenida do Mar, 115, A Gándara). Ese traballo levarase a cabo dende o 13 de decembro ata os días previos á entrega dos xoguetes ás familias, que serán o 3 e o 4 de xaneiro. As persoas que axuden nesa labor poderán facelo de luns a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas e tamén se fará algunha tarde, en función das necesidades. Será preciso que se inscriban previamente chamando aos teléfonos 881 308 349 ou 634 555 663, ou a través do correo electrónico: crsnaron@gmail.com, indicando nome e apelidos, o día no que poderán ir e un teléfono de contacto. Os xoguetes son para nenas e nenos de 0 a 14 anos de familias vulnerables, podendo as súas familias cubrir as instancias de solicitude a partir de mañá, e ata o 27 de decembro, no Concello. Dende o Servizo Sociocomunitario Municipal derivarase ás familias para que poidan recollelos no día e hora indicados. Cada menor recibirá un xoguete novo, dous de segunda man (en función da dispoñibilidade e da demanda poderán ser máis), un libro e un peluche. A campaña compleméntase coa de entrega de vales, por importe de 60 euros, impulsada dende o Concello para menores de 0 a 16 anos, para a que tamén está aberto o prazo de solicitude no Concello, tal e como recordaron Ferreiro e García. A alcaldesa e a edil de Benestar Social destacaron a importancia “de que as nenas e nenos de familias vulnerables non queden sen agasallos de Nadal”, polo que animaron ás persoas que poidan facelo a colaborar nesta campaña. As representantes do goberno local agradeceron tamén a colaboración das persoas que se implicarán na iniciativa “porque sen a súa axuda todo isto non sería posible”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal