Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ ESTE XOVES O PRAZO DE INSCRICIÓN EN TRES ACTIVIDADES DIRIXIDAS A MULLERES
A edil de Igualdade, Mar Gómez, indicou que as sesións, todas elas de balde, impartiranse entre este mes e xuño de 2022
Narón, 6 de decembro de 2021. O Concello abrirá este xoves, día 9, o prazo para solicirtar varias actividades dirixidas a mulleres. Así o anunciou a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, que apuntou que se trata das propostas “Empodérate”, “Volve a clase” e “Competencias para o emprego”. As solicitudes estarán dispoñibles no Rexistro e na Sede Electrónica do Concello de Narón, donde se poderá consultar toda a información de cada unha destas actividades. As accións “Volve a clase” e “Competencias para o emprego” diríxense a mulleres desempregadas de Narón, de 18 a 65 anos, mentres que a de “Empodérate” é para mulleres que se atopan en situacións de especial vulnerabilidade persoal, social e laboral (vítimas de violencia de xénero, responsables de núcleos familiares , maiores de 45 anos sen titulación…). “Trátase de actividades de balde que se impartirán dende este mes ata xuño de 2022 e a través das que se persegue a integración plena na sociedade do colectivo, fomentar competencias e habilidades básicas que lles permitan acceder ao mercado laboral”, explicou Gómez. Alfabetización, preparación de probas de competencias clave –niveis 2 e 3-, das probas de acceso a ciclos /ESA e ensinanza en español e en galego para inmigrantes forman parte dos contidos da proposta “Volve a clase”, para a que se ofertan un total de trinta prazas que se dividirán en tres quendas. As sesións terán lugar na Casa da Mocidade, na Gándara, os luns mércores e xoves de 16.30 a 18.00; de 18.15 a 19.45 ou os luns mércores e venres de 11.30 a 13.00 horas, en función da quenda elixida. A acción “Competencias para o emprego” abordará contidos como o autocoñecemento, motivación e empoderamento, técnicas de busca de emprego, incorporación ao posto de traballo, autoemprego, novas tecnoloxías… En total ofértanse vinte prazas que se dividarán en dous grupos: luns e mércores ou martes e xoves, en ambos casos de 10.00 a 13.00 horas, se ben os venres nese mesmo horario terán lugar as titorías individuais. Neste caso as sesións impartiranse no Centro municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Outra das accións formativas, “Empodérate”, abordará a adquisición de destrezas nos eidos persoal, sanitario, educativo, sociocomunitario e no do ocio e tempo libre. Ofértanse un total de trinta prazas e as sesións terán lugar na Casa da Mocidade os martes e xoves de 9.30 a 11.00 e de 11.15 a 12.45 e no local social de San Mateo os luns, mércores e venres de 9.30 a 11.00 horas. As solicitudes poden presentarse no Rexistro do Concello, na Sede Electrónica de Narón, ou a través de calquera dos lugares ou rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro. As persoas que desexen máis información poden tamén dirixirse ao Servizo Sociocomunitario municipal ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1115).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal