Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AMPLÍA O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA MUNICIPAL "CONCIENCIA-T" E NA COLONIA INFANTIL "NATURCIENCIA NADAL 2021"
As persoas que desexen anotarse en calquera destas dúas propostas de conciliación poden facelo ata o vindeiro xoves día 16, incluído
Narón, 13 de decembro de 2021. O Concello ampliará ata o vindeiro xoves 16 (incluído) o prazo de inscrición no programa municipal “Conciencia-T” e na colonia infantil “Naturciencia Nadal 2021”, organizados polas Concellerías de Mocidade e Ensino, que dirixen os edís Pablo Mauriz e Mercedes Taibo, respectivamente. Trátase de dúas propostas de balde que se convocan co fin de ofrecer ás familias unha mellor conciliación da vida laboral e familiar durante a tempada das vacacións escolares do Nadal. O programa “Conciencia-T” diríxese e menores de Narón nados entre 2004 e 2008 e empadroados ou escolarizados na cidade e desenvolverase os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 de decembro de 10.00 a 14.00 horas maioritariamente na Casa da Mocidade, na Gándara, se ben algunhas actividades terán lugar noutros concellos da zona. O uso responsable das redes sociais é a temática sobre a que se afondará nesta convocatoria, na que as nenas e nenos poderán reflexionar sobre o uso correcto das redes sociais, aprender a identificar situacións de acoso/abuso, fomentar o pensamento crítico, ofrecer alternativas de ocio, establecer relacións interpersoais entre iguais respectando e valorando positivamente a diversidade e coñecer a flora e a fauna da nosa contorna. No que respecta á colonia infantil “Naturciencia Nadal 2021”, diríxese a rapazas e rapaces nados entre 2009 e 2018 empadroadas/os ou escolarizadas/os en Narón. Esta proposta celebrarase os días 22, 23, 24, 27, 28 e 29 deste mes no colexio da Gándara e os grupos de participantes dividiranse en dous, un de menores de 6 anos e outro de 6 a 12, que realizarán as mesmas actividades adaptadas á súa idade. Obradoiros de robótica, creatividade, tecnoloxía e medio ambiente forman parte dos contidos que se tratarán nesta actividade, abordando temas como matemáticas, ciencia, tecnoloxía, e promover hábitos de vida saudables, entre outros. As colonias infantís contarán con servizo de madrugadores de 8.00 a 9.00 horas, comezando as actividades lúdicas e educativas desta colonia ás 9.00 para rematar ás 14.00. Para facilitar a conciliación, ademais haberá servizo de acompañamento ata a recollida de 14.00 a 15.00 horas. En ambos casos as solicitudes poden presentarse ata o 16 de decembro ás 13.30 horas no Rexistro municipal, a través da Sede Electrónica do Concello ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello, donde se pode consultar toda a información ao respecto. Para máis información tamén se pode chamar ao teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal