Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE MES A PRESENTACIÓN DO PRIMEIRO TRABALLO DISCOGRÁFICO DA BANDA DE ROCK NARONESA "AUTÉNTICOS FARSANTES"
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, informou que as entradas para o concerto están xa á venda no despacho de billetes do Pazo da Cultura
Narón, 17 de decembro de 2021. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro día 27 a presentación en exclusiva do primeiro traballo discográfico de “Auténticos farsantes”, titulado “Auténticos farsantes en directo e un pelín trasnochados”. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, destacou o feito de que se trata dunha banda de rock naronesa integrada por Fernando Couce –bataría, mazas…-, Chechu Mosquera –baixo e voces-, Carlos Mosquera –guitarras, voces…- e José Prieto –voz e megáfono-. O disco que presentarán na cidade foi gravado recentemente, en directo, na sala La Room de Ferrol, contando coa dirección de Segundo Grandío, do estudo “Casa de Tolos” e producido pola empresa Run-Rum Axencia. Esta banda naronesa xorde da inquedanza do tamén dramaturgo e director José Prieto, que compón as cancións que interpretarán, cargadas de moita ironía e humor. O concerto dará comezo ás 20.30 horas e o prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados/as, desempregados/as e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal