Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTA SEMANA O CONCERTO DE "SPIRIT OF NEW ORLEANS GOSPEL CHOIR" E OS ESPECTÁCULOS E A OFICINA DO CORREO REAL DA CIDADE DOS AGASALLOS
A programación deseñada para o Nadal inclúe propostas para todo tipo de públicos
Narón, 20 de decembro de 2021. A programación de Nadal deseñada dende o Concello traerá esta semana ao Pazo da Cultura o espectáculo “Spirit of New Orleans Gospel Choir”, da compañía The Project Music. A cita será o xoves 23 ás 20.30 horas e é xa un dos clásicos coa música góspel na cidade de cara ao final do ano. O concerto terá unha duración de aproximadamente hora e media, un tempo no que o público poderá desfrutar do traballo dos integrantes de Sonogc, que levan alá por donde van a música da súa cidade, o 9th Ward ou Distrito 9, donde naceron física e profesionalmente. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es, a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados/as, desempregados/as e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Esta semana abrirá tamén ao público no Pazo a Cidade dos Agasallos, unha proposta que inclúe diversos espectáculos e que contará cunha Oficina do Correo Real, donde as nenas e nenos poderán deixar as súas cartas aos Reis Magos a partir deste mércores. O horario para facelo será de luns a venres entre as 11.00 e as 14.00 e de 16.30 a 21.00 e os sábados e domingos dende as 11.00 ata as 14.00 horas, sen ser preciso realizar reserva previa. A programación da Cidade dos Agasallos inclúe microespazos para todos os públicos dende este xoves ata o 4 de xaneiro. A primeira cita, tamén no Pazo, será o xoves con “Aguinaldos na Maxia do Nadal” -12.00 horas- de A Maga Fani, e “Varietés do animalario” -18.00 horas-, de Paporrubio. Esta mesma semana, o domingo 26 poderase ver “O tranvía de Nadal” -12.00 horas”, de Charo Pita Trío, e “O Castiñeiro do Apalpador” -18.00-. A seguinte semana, o mércores 29 terá lugar “Arrieira” -18.00” de Xarope Tulú, e o xoves 30 “O Crebanoces” -18.00 horas- de Larraitz Urruzola. As dúas últimas propostas serán en xaneiro, o día 2 con “Os ratiños do Nadal” -12.00- de Bea Campos, e “Estación Nadal” -18.00- de Mamá Cabra e o día 4 con “O que levamos nas maletas” -18.00 horas- de Magín Blanco e Pablo Vidal. Todos estes espectáculos son de balde e desenvolveranse na zona da Cidade dos Agasallos

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal