Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ARQUIVO MUNICIPAL ACOLLE A VISITA DE ALUMN@S DA FACULTADE DE BIBLIOTECONOMIA E DOCUMENTACION
Os estudiantes están a facer prácticas nas instalacións municipais, ubicadas no sótano do Concello e abertas a tódolos cidadáns.
Narón, 13 de Xaneiro de 2010.- O Arquivo Municipal de Narón acolleu hoxe unha nova visita dos alumnos/as da Universidade da Coruña, dentro dun programa de colaboración que mantén a institución académica co Concello de Narón, tal e como indicou a Concelleira de Protocolo, Paloma González Cuevas. En concreto, trátase dun grupo de 17 estudiantes de 2º curso da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación, do Campus de Ferrol, que acudiron ó Concello acompañados pola profesora Mari Nieves Peiró Graner, quen lles imparte a asignatura “Documentación administrativa e de empresas”. O alumnado está a facer practicas académicas no Arquivo Municipal dende fai un mes, acudindo ó Concello tódolos mércores de 10 a 12 horas a realizar traballos de identificación e organización de documentación administrativa, integrándoa nos correspondentes expedientes do Arquivo Municipal. En total, levarán a cabo 12 horas de clases prácticas, que concluirán coa organización de documentos equivalentes a 8 metros lineais de estanterías. A este respecto, a profesora da Universidade da Coruña agradeceu ó Concello o seu apoio constante á titulación de Biblioteconomía e Documentación dende que se implantou no Campus de Ferrol, no ano 1996. Dende entón ata agora, os seus estudiantes pasaron polo Arquivo Municipal de Narón alomenos unha vez ó ano (no 1º curso, dentro da asignatura “Arquivística”) para coñecer as súas instalacións e o funcionamento do mesmo. Mari Nieves Peiró destacou, ademáis, a obra de modernización deste espazo, para convertilo nun lugar máis axeitado para o traballo de investigación que están a facer os seus alumnos. “Chámanos a atención a mellora das instalacións, ademáis do cambio das estanterías tradicionais polo novo sistema de compactación de fondos documentais, e a creación de espacios de lectura e consulta como no que nos atopamos”, declarou. Esta actividade forma parte tamén do Programa de Dinamización do Arquivo Municipal, tal e como reseñou a Concelleira de Protocolo, quen hoxe visitou ós alumnos acompañada da tenente de Alcalde, Angeles Díaz. Ambas coincidiron na necesidade de continuar abrindo as portas do Arquivo a tódolos veciños de Narón e bisbarra, para amosarlles as raíces e a historia do municipio. Situado no sótano do Concello, o Arquivo permanece aberto en horario de atención ó público, de 8:30 a 13:30 horas. Neste espacio custódianse os padróns de contribucións rústicas e territoriais, os expedentes de quintas, outros documentos sobre impostos da época, e o censo de poboación do municipio dende 1910 ata 1991. Ademáis, o Concello dispón dunha páxina web específica (www.arquinaron.es) na que se poden ver a día de hoxe 130 fotografías antigas cedidas polos veciños de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal