Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE MOCIDADE INCORPORA AS REDES SOCIAIS Á SUA PÁXINA WEB
www.dameuntoke.es ten comunidades virtuais en Facebook, Twitter, e Tuenti.
Narón, 14 de Xaneiro de 2010.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de ampliar a oferta de servizos do portal web www.dameuntoke.es, a páxina municipal dirixida á xuventude do municipio. Así, este enderezo incorpora ao seu abano de servizos tres novas ferramentas de comunicación social: as redes de Facebook, Twitter, e Tuenti. A páxina web de mocidade creou unha comunidade de cada unha destas redes, para manter un diálogo máis fluido coas preocupacións e intereses dos mozos e mozas do Concello, tal e como indicou a delegada desta área, Natalia Hermida. Ademáis, dameuntoke.es tamén incorpora como novidade un sistema de información actualizada diariamente que permitirá á mocidade de Narón e bisbarra coñecer as diferentes axudas económicas, becas formativas, cursos, concursos, programación cultural e ata artigos que poidan ser do seu interese. Na actualidade, esta páxina web supera xa as 4.500 visitas dende a súa creación, en abril de 2009. Nestos momentos, o portal conta con información actualizada e especializada sobre emprego, vivenda, educación, medioambiente, saúde ou ocio, tratando temáticas como os recursos activos de emprego, a renda de emancipación, programas de vivenda en aluguer, bolsas e becas formativas, nutrición, sexualidade ou actividades de medioambiente. Finalmente, a Concelleira de Mocidade apostou por continuar “intensificando os esforzos do Concello por ofrecer a mellor información á nosa mocidade”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal