Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ MAÑÁ O MICROESPAZO "O QUE LEVAMOS NAS MALETAS" NA CIDADE DOS AGASALLOS
A proposta é un contacontos musicado que axudará aos menores a estimular a súa creatividade, tal e como indicou o edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 3 de xaneiro de 2022. A Cidade dos Agasallos do Pazo da Cultura acollerá mañá o último dos microespazos programados este ano e dirixidos a público familiar. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, explicou que ás 18.00 horas se poderá ver “O que levamos nas maletas”, de Magín Blanco e Pablo Vidal. Esta proposta é un contacontos musicado que axudará aos nenos e nenas a estimular a súa creatividade e tamén a súa curiosidade polas letras e as palabras, a lingua, os contos e a música. Deste xeito os menores poderán crear o seu propio universo creativo, tal e como indicaron os autores desta proposta. O Pazo acolleu dende o pasado 23 de decembro un total de oito espectáculos, aos que se sumará o de mañá para completar a programación da Cidade dos Agasallos. A maiores, este xoves tamén terá lugar no Pazo o gran recibimento aos Reis Magos, aos que poderán saudar as nenas e nenos de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas. Para poder facelo é preciso reservar entrada no teléfono do despacho de billetes do Pazo, chamando ao 981 102 897.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal