O CONCELLO INSTALOU CATRO SINAIS VERTICAIS INDICANDO OS ACCESOS AO POLÍGONO INDUSTRIAL DE RÍO DO POZO
A nova sinalización está instalada nas avenidas Bernardo Romero e Gonzalo Navarro, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita
Narón, 7 de xaneiro de 2022. O polígono industrial de Río do Pozo conta dende hai uns días cunha nova sinalización vertical nos accesos polas avenidas Bernardo Romero e Gonzalo Navarro. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, indicou que en total se instalaron catro elementos, dunha altura duns catro metros, e que supuxeron ás arcas locais un investimento duns 15.000 euros.
A través destes paneis verticais, en cor azul, dase a benvida ao polígono ás persoas que acceden dende as citadas avenidas, dende a zona de Freixeiro e de Castro. “Con estes catro elementos melloramos a sinalización do polígono, un labor no que estamos traballando e que indica os límites do parque empresarial por dous dos principais accesos ao mesmo”, apuntou Pita.