Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA AO SECTOR HOSTALEIRO LOCAL A UNHA REUNIÓN PARA PLANIFICAR POSIBLES ACCIÓNS A DESENVOLVER ESTE ANO
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, avanzou que a reunión será o 13 de xaneiro no local da AVV da Gándara
Narón, 10 de xaneiro de 2022. O Concello convoca unha reunión dirixida ao sector hostaleiro da cidade e que na que se abordarán, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, David Pita, as necesidades do colectivo. A cita, segundo avanzou, terá lugar este xoves, día 13, nas instalacións da asociación de veciños da Gándara a partir das 17.00 horas. Pita explicou que na xuntanza se analizarán cos representantes do sector hostaleiro local algunhas das accións a levar a cabo de cara ao presente ano. Con esta finalidade establecerase un diálogo coas persoas que acudan para abordar posibles necesidades e realizar unha posta en común de iniciativas que se poidan materializar en colaboración co Concello para impulsar o sector na cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal