Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS CORO PEQUE SOLIDARIUM E CORO DA CAPO DO CONCELLO DE NARÓN ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS
Os obradoiros diríxense a mozas e mozos de diferentes idades e terán lugar os sábados, en horario de mañá, no Auditorio municipal
Narón, 21 de xaneiro de 2022. O Coro Peque Solidarium e o Coro da Capo de Narón retomarán o vindeiro mes a súa actividade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Mocidade, Pablo Mauriz, e Educación, Mercedes Taibo, presentaron esta mañá estas iniciativas acompañados por Graciela Galdo, unha das directoras dos coros. Ferreiro anunciou que o prazo de inscrición nestas dúas propostas abrirase o vindeiro luns, día 24. Os obradoiros Coro Peque Solidarium enmárcanse no Programa municipal de educación extraescolar (Promedex) de Narón. Diríxense a menores de 6 a 12 anos e de 13 a 15 e impartiranse os sábados de 12.00 a 13.00 horas e de 11.00 a 12.00 horas, respectivamente, no Auditorio municipal. Ofértanse un total de 45 prazas, 25 para rapazas e rapaces de 6 a 12 anos, e terán preferencia á hora de asistir as persoas empadroadas en Narón. Os menores poderán facer novas amizades e compartir momentos cantando, ao tempo que adquiren coñecementos musicais. No caso do obradoiro de coro da Capo ofértanse un total de trinta prazas, para persoas de entre 16 e 35 anos e tamén con preferencia para aquelas empadroadas en Narón. As sesións terán lugar os sábados, de 13.00 a 14.00 horas no Auditorio municipal. Graciela Galdo, directora destes coros xunto con Cristina Teijeiro e Olga López, valorou o feito de que se poidan retomar estes obradoiros. “Estamos desexando volver a empezar con estas actividades porque a música é moi importante na vida e os rapaces e rapazas necesitan da música e desta posibilidade de interactuar e coñecer a outros compañeiros e compañeiras”. A alcaldesa da cidade destacou “a boa acollida destes obradoiros” e agradeceu o traballo das tres directoras dos coros, “polo excelente traballo que realizades coa xente que participa”. Ferreiro, xunto cos seus compañeiros de corporación local, animou ás veciñas e veciños aos que se dirixen estas convocatorias a anotarse “para desfrutar da música e dun tempo de lecer e aprendizaxe”. Estes obradoiros impartiranse dende febreiro ata o vindeiro mes de xuño e a taxa por asistir é de 8,15 euros ao mes. As prazas cubriranse por orde de inscrición, podendo anotarse dende o vindeiro 24 de xaneiro –ás 8.30 horas- no Rexistro do Concello, na Sede Electrónica de Narón ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal