Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA TEATRO DO NOROESTE ESTREARÁ ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO A OBRA "ÚLTIMO VERÁN EN SANTA CRISTINA"
A obra, enmarcada no xénero do drama, poderase ver o venres 28 e o sábado 29, ás 20.30 e 20.00 horas, respectivamente
Narón, 24 de xaneiro de 2022. O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana, o venres -20.30 horas- e o sábado -20.00 horas-, a estrea da obra de teatro “Último verán en Santa Cristina”, escrita e dirixida por Eduardo Alonso e de cuxo elenco forman parte Luma Gómez, Miguel Pernas, Xavier Estévez, Manuela Varela e Maxo Barjas. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados/as, desempregados/as e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A compañía Teatro do Noroeste trae a Narón esta obra, enmarcada no xénero do drama e de algo máis de hora e media de duración. A peza conta a historia dun rapaz de 12 anos que en 1960 pasou o seu último verán nunha praia, a de Santa Cristina, preto da cidade na que vive. Anos despois recibe unhas cartas supostamente da súa nai, falecida, que lle recordan aqueles tempos da época franquista. Trinta anos máis tarde deses veraneos, a través da lectura das cartas e dos seus imprecisos recordos o home descobre as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e un amigo fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda existía en Galicia no ano 1960.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal