Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INSTALADOS NA CIDADE OS PRIMEIROS CONTENEDORES DE RECOLLIDA DE LIXO PARA A IMPLANTACIÓN DA CARGA LATERAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, estiveron presentes na colocación dos primeiros contenedores
Narón, 1 de febreiro de 2022. A empresa concesionaria do servizo de recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria comezou a instalar esta madrugada os novos contenedores de recollida de lixo para carga lateral nun tramo da zona urbana da cidade. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, estiveron presentes na instalación dos primeiros contenedores na zona de Piñeiros, que estarán operativos dende hoxe mesmo. “Estanse instalando os novos contenedores no tramo da estrada de Castela comprendido entre a rotonda de Freixeiro e Xuvia, para continuar despois entre Freixeiro e a Ponte das Cabras e seguir gradualmente polo resto da zona urbana e rural”, explicou Ferreiro. A rexedora local recordou que con estes traballos “continúanse implantando as melloras contempladas no novo contrato do servizo”. Ferreiro destacou que os novos contenedores teñen unha capacidade de 2.900 litros na estrada de Castela e nos polígonos industriais no caso dos da fracción resto -o triple dos antigos-, papel e envases e de 1.800 os do vidro, debido ao elevado peso á hora da descarga, se ben no resto de zonas todos os contenedores serán de 1.800 litros de capacidade, tamén superior á anterior”. En cada isla instálanse catro contenedores, un para cada fracción: resto (de cor verde) e os outros para depositar vidro, papel e envases. “Ao ter maior capacidade, puidéronse reunificar islas ao tempo que se garante que as veciñas e veciños terán unha a menos de cen metros do seu domicilio”, explicou. Todos son de cor azul, o institucional de Narón, e na zona superior, por donde se depositan os diferentes restos, distinguense polas cores respectivas os de separación. Os novos contenedores fabricáronse en Galicia e algúns elementos en empresas locais da cidade. En canto á implantación do contenedor marrón, Ferreiro avanzou que dispón de espazo nestas novas islas e incidiu no feito de que “se continúa traballando para en canto estea operativa a planta de transferencia para a recollida deste tipo de residuos se poida comezar a implantar gradualmente esa recollida na cidade”. A rexedora local recordou que nas últimas semanas, co fin de mellorar este servizo, dende o Concello acometéronse os traballos previos de reposición de beirarrúas en bases de contenedores. “Ao ter os novos contenedores unhas medidas diferentes aos antigos e ir ubicados noutras zonas, foi preciso repoñer as bases á súa altura inicial para que quedasen ao nivel da beirarrúa e así o camión pode levar a cabo a tarefa de carga e descarga dos mesmos”, asegurou. Esta actuación supuxo ás arcas municipais un desembolso que rondou os 30.000 euros e permitirá ademais recuperar espazo para os viandantes, xa que os antigos ocupaban nalgúns pasos tramos de beirarrúas. Entre as vantaxes da instalación destes novos contenedores está o feito de que se comezará, mañá, a recollida de carga lateral, tamén cun novo camión adaptado a este sistema. “Nese camión só irá o condutor, que ve a aliñación dos novos contenedores a través dunha cámara e fai a carga e descarga sen ter que baixar do vehículo nin depender doutros operarios que ían fóra do camión”, apuntou Ferreiro. Deste xeito, indicou “increméntase considerablemente a seguridade dos traballadores do servizo”. A alcaldesa recordou que a implantación destes contenedores continuará noutras zonas da cidade, concretamente en todas aquelas nas que sexa viable este sistema. “En total instalaranse na zona urbana e rural 1.600 contenedores, se ben neste primeiro tramo entre Freixeiro e Xuvia se colocarán trinta por fracción”, explicou. Ferreiro recalcou a importancia da implantación do novo sistema de recollida na cidade e agracedeu a comprensión veciñal “para a realización dos traballos de adaptación das zonas nas que se habilitaron as novas islas, que poden ocasionar algunhas molestias temporais”. Co fin de minimizar esas molestias tamén se están instalando en horario nocturno os novos contenedores.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal