Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 400 PERSOAS OPTAN A ONCE PRAZAS DA OFERTA DE EMPREGO DO CONCELLO E O PADROADO DA CULTURA
O edil de Persoal, Pablo Mauriz, informou que o Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nestes procedementos
Narón, 2 de febreiro de 2022. Un total de 394 persoas optan a once prazas da oferta de emprego convocada a través do Concello e o Padroado da Cultura de Narón, tal e como indicou o concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe as listaxes definitivas das persoas admitidas e excluídas nos procedementos para a provisión de cinco prazas de auxiliar administrativo, unha de orientador/a laboral, unha de administrativo/a, dúas de peón de limpeza e desinfección de gando, unha de animador/a sociocultural e outra de auxiliar administrativo (estas dúas últimas, do Padroado da Cultura). Ás cinco prazas de auxiliar administrativo, en quenda libre, preséntanse un total de 296 persoas. Das cinco, unha resérvase para a quenda de persoas con discapacidade, tal e como se recolle no BOP. En canto á praza de orientador/a laboral, presentáronse once persoas, que terán o primeiro exame do proceso selectivo o vindeiro día 23 de febreiro, ás 10.00 horas, no segundo andar do Concello. No BOP publícase tamén a data na que se celebrará o primeiro exame para optar a unha praza de administrativo/a, para a que se presentaron 28 persoas e que terá lugar o 18 deste mes, tamén ás 10.00 horas e, neste caso, nas instalacións do Pazo da Cultura de Narón. Catro días antes, concretamente o 14 deste mes, están convocadas ás 11.00 horas no Pazo as dezaseis persoas que optan a dúas prazas de peón de limpeza e desinfección de gando. O exame para cubrir unha praza de animador/a sociocultural, á que optan seis persoas, terá lugar o día 4 de marzo ás 10.00 horas no Concello e o de auxiliar administrativo do Padroado da Cultura, con trinta e sete persoas inscritas, será o 16 de febreiro, ás 10.00 horas no Pazo da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal