Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA FELICITOU AO CLUB DE BAILE DEPORTIVO NARÓN POLOS SEUS ÉXITOS DURANTE A TEMPADA DO PASADO ANO
Varios grupos da modalidade de Danza Coreográfica alzáronse o pasado ano con importantes premios a nivel nacional que se suman ao gran palmarés dos deportistas do CBD Narón
Narón, 3 de febreiro de 2022. O Concello acolleu o acto de recepción da alcaldesa, Marián Ferreiro, ao Club de Baile Deportivo Narón, representado polo seu presidente, Jesús Marcos, e Alberto López. Ferreiro felicitou persoalmente aos integrantes do club naronés con motivo dos seus éxitos deportivos durante a tempada correspondente ao pasado ano. Varios grupos da modalidade de Danza Coreográfica alzáronse o pasado ano con importantes premios a nivel nacional en campionatos que se suman ao gran palmarés dos deportistas do citado club local. Entre eses éxitos están os de Narón Kids, que se alzou co campionato da Copa de España 2021 e foron subcampioas do Campionato de España; New Generation, tamén Campioas do Campionato de España, Dance Girls, Subcampionas na citada competición, e Dance Narón, campionas da Copa Federación tamén o pasado ano. “En Narón contamos cun amplo tecido deportivo no que os clubs de baile deportivo, e concretamente o Club de Baile Deportivo Narón, pioneiro na cidade, xogades un papel fundamental”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa destacou a traxectoria desta entidade, constituída hai un par de décadas, e que a día de hoxe “é o que conta con máis licencias a nivel estatal”. Persoas de Narón e doutros concellos de dentro e fóra da comarca acoden ás clases impartidas dende o CBD Narón, do que a rexedora local recalcou “o esforzo que realizades os deportistas nunha tempada que, ao igual que a anterior, estivo moi condicionada pola pandemia da covid-19 pero na que fostes capaces de revalidar e incrementar eses éxitos deportivos en probas de moi elevado nivel”. A alcaldesa desexoulle ao club moita sorte na presente tempada e amosou a súa confianza en que “continuaredes colleitando éxitos que seguiremos celebrando en Narón e desfrutando con todas e todos vós”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal