Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS PARA TRES PRAZAS DA OFERTA DE EMPREGO DO CONCELLO
Os procesos selectivos son para cubrir unha praza de axente de desenvolvemento local, unha de técnico/a informático e outra de arquitecto técnico
Narón, 8 de febreiro de 2022. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de tres prazas da oferta de emprego do Concello: unha de axente de desenvolvemento local, outra de técnico/a informático e unha de arquitecto técnico. O primeiro dos exames para a praza de axente de desenvolvemento local terá lugar o vindeiro 8 de marzo no segundo andar do Concello. Un total de catro persoas optan a esa praza, tal e como se especifica no BOP. No que respecta á praza de técnico/a informático, están admitidos/as ao exame oito persoas, que deberán presentarse no segundo andar do Concello o 11 de marzo para o primeiro exame. A maiores, o BOP publica tamén a listaxe das doce persoas que optan á praza de arquitecto técnico, para a que aínda non se indicou a data do exame.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal