Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINOU 6.000 EUROS Á IMPLANTACIÓN DE ALUMEADO LED NO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o aforro enerxético que suporá, a maiores dos beneficios medioambientais e a mellora da calidade lumínica na zona
Narón, 9 de febreiro de 2021. O Concello continúa avanzando na implantación do alumeado led en diferentes espazos públicos da cidade. Unha das últimas intervencións acometidas dende o Consistorio foi a substitución dun total de 145 luminarias ornamentais, que se adaptaron á tecnoloxía led, no parque do río Freixeiro. A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou que se destinou unha partida de 6.000 euros a esta actuación, na que, indicou, “se substituíron por led as antigas luminarias de sodio de alta presión e haloxenuros metálicos”. Ferreiro incidiu en que “a través destes traballos está previsto un aforro do 75% no consumo deses puntos de luz, o que se traduce nuns 17.000 euros anuais só en gasto enerxético, sen ter en conta a maiores os gastos de mantemento que veñen aparellados habitualmente coas antigas luminarias de sodio”. Así mesmo, “reduciranse considerablemente as emisións de dióxido de carbono á atmósfera, co que iso supón de cara ao cumprimento do compromiso medioambiental adquirido por este Concello”. A rexedora local explicou que nesta ocasión os encargados de acometer os traballos que se levaron a cabo foron operarios do departamento de Servizos Básicos e de Mantemento do Concello. “Ao longo deste ano continuaremos avanzando nesta mesma liña, implantando o alumeado led noutros espazos públicos do termo municipal e tamén en instalacións municipais, destinando unha serie de partidas a unhas tarefas que consideramos moi importantes, a maiores de polo aforro enerxético e o compromiso medioambiental, pola mellora da calidade lumínica daquelas zonas nas que a implantación da tecnoloxía led é xa unha realidade”, apuntou Ferreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal