Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O LIBRO ´EL ACERTIJO DE ANAT´ PRESENTARASE ESTE VENRES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
O acto está aberto á asistencia do público xeral ata completar a capacidade da sala
Narón, 9 de febreiro de 2022. A Biblioteca municipal acollerá este venres, día 11, a presentación do libro “El acertijo de Anat”, da escritora Stephanie Olwen. A cita terá lugar ás 19.00 horas na sala multiusos da sala soto das citadas instalacións municipais, tal e como avanzou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo. O libro, publicado pola editorial Caligrama, conta a historia dunha moza de orixe exipcia chamada Anat, que se ve involucrada nunha serie de acontecementos que a levan a descubrir a súa verdadeira identidade. Enoch, un misterioso home, e outros individuos, guiarana no seu camiño para que leve a cabo unha misión: liberar á Terra do mal ao que está sometida. O acto está aberto á asistencia do público xeral ata completar a capacidade da sala.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es