Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACION DO NOVO VEHÍCULO HÍBRIDO DA POLICIA LOCAL DE NARON
Trátase dun coche eléctrico, que tamén pode funcionar con gasolina. O parque móvil da Policía conta con 6 coches, 4 motocicletas e unha furgoneta.
Narón, 27 de Xaneiro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presentou hoxe publicamente o novo vehículo adquirido para a Policía Local de Narón, cuio parque móvil suma xa 6 coches, 4 motocicletas e 1 furgoneta de atestados. A nova incorporación é un Toyota Prius que ven a sustituir ó Honda Civic que foi dado de baixa fai uns meses debido a un accidente de circulación. A nova incorporación ten as mesmas características técnicas que o vehículo ó que sustitúe: trátase dun híbrido que funciona mediante un sistema eléctrico, e tamén pode facelo con gasolina. O Concello adquiriuno polo prezo de 26.600 euros –incluido todo o equipamento policial-. O Alcalde declarou ó respecto que “apostamos por un coche ecolóxico porque temos que loitar para recuperar o medioambiente, e que mellor forma que ésta para levalo á práctica”, declarou. Pola súa banda o xerente do concesionario de Toyota en Narón (Breogan Motor), Jose Ramón Ferreiro, calificou coma “un orgullo e unha oportunidade única ter a disposición da Policía Local de Narón este vehículo, que é líder en tecnoloxías. Actualmente, a nosa marca ten máis dun millón e medio de vehículos híbridos circulando polo mundo”, comentou. Ademáis da nova incorporación, a Policía Local ten pendente de adquisición unha nova furgoneta de atestados valorada en 33.500 euros, para o cal xa está habilitada a correspondente partida nos Orzamentos Municipais do 2010. A Policía Local de Narón está composta por unha plantilla de 35 axentes, ós que se sumará 1 novo axente durante o 2010, actualmente en proceso de selección.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal