Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO FORMATIVO SOBRE O SISTEMA APPCC NO SECTOR ALIMENTARIO
O curso enmárcase no Proxecto ´Mergullando no litoral de Narón´, está aberto á cidadanía xeral e conta cun total de 15 prazas
Narón, 15 de febreiro de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentou no Concello un curso formativo sobre o sistema APPCC, Análise de perigos e puntos de control críticos, relativo ao sector alimentario derivado da actividade pesqueira. O sistema APPCC é un proceso sistemático preventivo para garantir a inocuidade alimentaria de forma lóxica e obxetiva. Coa realización deste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para aplicar a normativa básica relativa a os Análises de Perigos e Puntos Críticos de Control. Aprenderán a implantar un sistema de APPCC e o seu mantemento e tratarán diversas materias como: Orixe, concepto e necesidade dun Sistema de Autocontrol APPCC. Os 7 principios do Sistema APPCC e a súa aplicación. Requisitos previos necesarios para a implantación dun Sistema APPCC. Estabrecemento de límites críticos e xestión de non conformidade. Repartición de tarefas dentro da empresa alimentaria para a implantación e o desenvolvemento do Sistema APPCC e Aplicación práctica do Sistema APPCC na Industria Alimentaria. Pita recordou que os sistemas de APPCC son fundamentais para garantir a seguridade alimentaria e a inocuidade dos alimentos, permitindo a protección dos usuarios e a protección de industrias e pequenos produtores, bares, restaurantes e outros comercios que teñan relación cun algún tipo de alimento. O curso impartirase o 17 de febreiro de 16.30 a 20.30 horas no local social municipal do Alto do Castiñeiro, conta cun total de 15 prazas e as inscricións poden realizarse ata o 16 de febreiro por medio de solicitude xenérica presencial no Rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónica. O curso enmárcase no Proxecto ´Mergullando no litoral de Narón´ realizado co apoio do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal