Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MESA REDONDA NO AUDITORIO DE NARÓN POLA CONMEMORACIÓN DOS 50 ANOS DO 10 DE MARZO DE 1972
Unha homenaxe a Amador e Daniel e a todas as persoas protagonistas do 10 de Marzo de 1972 e a súa loita polos dereitos laborais e sociais
Narón, 18 de febrero de 2022. A alcaldesa Marián Ferreiro Díaz, xunto co concellleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, o presidente da Asociación Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández Pita, e o vicepresidente da Asociación Cultural Fuco Buxán, Víctor García Novás, anunciaron a celebración dunha Mesa Redonda que, baixo o título “10 de Marzo do 72. Presente e futuro” terá lugar no Auditorio municipal, sito na Praza de Galicia, o venres 25 de febreiro ás 19.30 horas. O evento enmarcase nos actos conmemorativos dos 50 anos das protestas e movilizacións obreiras que nesa data na cidade de Ferrol desembocaron, froito da represión, no asasinato dos traballadores Amador Rey e Daniel Niebla, máis de corenta feridos de bala e numerosas persoas detidas entre as que se encontraban os dirixentes sindicais Rafael Pillado, José María Riobó e Manuel Amor Deus. As persoas que participarán como ponentes na Mesa Redonda serán: Rafael Pillado, cofundador das CCOO e do Partido Comunista de Galicia; Sari Alabau, profesora, militante do PCG e presidenta de Asfedro; Xosé Gómez Alén, catedrático, historiador e vicepresidente da Fundación ´Xaime Quesada Blanco´, e Ánxela Loureiro, mestra i escritora, que tamén actuará de moderadora. Os representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática e Asociación Cultural ´Fuco Buxán´ manifestaron o agradecemento ao Concello de Narón polo apoio recibido no marco das actividades que están a programar para este ano no cincuentenario do 10 de Marzo do 72, coa que sería a primeira Mesa Redonda que se vai realizar. Os representantes municipais reafirmaron o apoio do Concello nestes actos e agradeceron a ambas entidades o traballo que veñen realizando ao longo dos anos en prol da Historia e da Cultura.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal