Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TEGA, PSOE E BNG APROBARON NO PLENO UNHA MOCIÓN SOBRE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Na sesión plenaria aprobouse definitivamente a Relación de Postos de Traballo 2022 do Concello, ao rexeitarse as alegacións presentadas
Narón, 24 de febreiro de 2022. Os grupos municipais de TEGA, PSOE e BNG aprobaron unha moción que presentaron con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. No documento constátase o compromiso do Concello na defensa e o fomento da igualdade entre homes e mulleres todos os días do ano e tamén se manifesta o apoio aos actos e reivindicacións do feminismo galego para contribuír á sensibilización da sociedade e implicala na defensa desa igualdade. A maiores, o Concello avanza que continuará traballando na posta en marcha do “III Plan de Igualdade”, como ferramenta transversal para avanzar na igualdade real das mulleres na cidade e instarase ás administracións supramunicipais a incrementar os recursos económicos para facer efectivas as políticas de Igualdade. A edil de Igualdade, Mar Gómez, e a voceira do BNG, Olaia Ledo, foron as encargadas de defender o documento na sesión. A moción presentada por TEGA e PSOE coa proposta de nomeamento da Muller do Ano 2022 do Concello de Narón saíu tamén adiante na sesión plenaria por cos votos favorables do bipartito naronés. A persoa que recibirá esta distinción, cuxo nome se fará público coincidindo cos actos do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, recibirá unha homenaxe institucional no Consistorio. No pleno procedeuse a rexeitar as alegacións presentadas por algúns bombeiros do Speis á Relación de Postos de Traballo 2022, en base aos pertinentes informes técnicos emitidos ao respecto, co que se aprobou definitivamente a mesma. Neste punto, o voceiro de TEGA, Román Romero, e a alcaldesa, Marián Ferreiro, defenderon a profesionalidade do Speis, compartida polo resto dos grupos. Romero recordou que os postos de traballo do Speis se crearon no ano 2018 e en dous anos a lei non permite modificacións, polo que no ano 2021 revalorizáronse e negociáronse por unanimidade unha serie de melloras o pasado mes de decembro na Xunta de Persoal a levar a cabo nun período de tres anos. Ferreiro recordou ademais que “hai un informe negativo que di que non proceden estas alegacións porque non corresponden neste punto”. Así mesmo, acreditáronse os requisitos esixidos para autorizar a cesión do contrato da revisión e redacción do novo PXOM de Narón, a favor da empresa Arqyur S.C. Na sesión plenaria aprobouse de xeito provisional a modificación da ordenanza fiscal número 5 reguladora do Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana. A través desta modificación, tal e como explicou o edil de Facenda, Román Romero, adaptarase a ordenanza fiscal ao disposto no Real Decreto-lei 26/2021, de 8 de novembro, axustándose á recente xurisprudencia do Tribunal Constitucional respecto deste imposto.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal