Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS DO CURSO DE VIDRIO FUNDIDO
O Concello organizará outro curso de perfeccionamento desta técnica artesán.
Narón, 29 de Xaneiro de 2010.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego, en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, levou a cabo a finais do 2009 o primeiro Curso de Vidrio Fundido, coa participación de 9 persoas maiores de 50 anos de idade –colectivo ó que ía dirixido o curso-. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz Pardo, entregaron hoxe –xunto con responsables de Vidrieras Alvariño e de Caixa Galicia- os diplomas correspondentes a estos alumnos/as, que lles mostraron hoxe no Concello unha selección dos traballos realizados ó longo destos 4 meses de curso (iniciouse o 04-09-2009 e rematou o 18-12-2009). Os alumnos/as realizaron o curso nas instalacións de Vidrieras Alvariño (no polígono de Rio do Pozo), e recibiron os seguintes contidos: historia e coñecemento do vidrio, ferramentas básicas e tipos de vidrio, corte e manipulación, deseño e fabricación de pezas artísticas, métodos de fundición, e fabricación de moldes. O encargado de impartir este curso foi Jose Luis Alvariño, un profesional con máis de 20 anos de experiencia no sector. Durante a entrega de diplomas de hoxe, a Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, anunciou a convocatoria dun segundo curso de 50 horas dirixido a estas persoas, para que perfeccionen os coñecementos adquiridos. Pola súa parte, o Alcalde felicitoulles por ter participado nesta iniciativa e pola calidade conquerida cos seus traballos. O curso de Vidrio Fundido foi financiado polo Concello de Narón en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia, e contou co asesoramento e material didáctico aportados por Vidrieras Alvariño. A finalidade do mesmo foi o fomento do autoemprego e a reinserción laboral de maiores de 45 anos, a través de iniciativas coma a creación de obxectos (tales coma espellos, ou lámparas) empregando coma materia prima o vidrio. Dende o Concello tamén se pretende con este curso a reciclaxe sociolaboral deste colectivo ademáis da creación de espazos de interrelación e estímulo recíproco para iniciar proxectos vitais.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal