Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZARÁ A VIXILANCIA E SINALIZACIÓN PARA ERRADICAR VERTEDOIROS INCONTROLADOS
As concellerías de Servizos e Medio Ambiente, dirixidas polos edís Ibán Santalla e Santiago Galego, traballan conxuntamente para erradicar este tipo de prácticas
Narón, 4 de marzo de 2022. O Concello de Narón intensificará os controis no termo municipal para erradicar vertedoiros incontrolados. As concellerías de Servizos e Medio Ambiente, presididas polos edís Ibán Santalla e Santiago Galego, respectivamente, reforzarán a súa actividade nesta área, con diversas accións, para poñer freo a uns feitos que se repiten con certa asiduidade no termo municipal. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que unha das melloras implantadas dende a entrada en vigor do novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) e Limpeza Viaria é o aumento de recollida dos residuos que pasou de 2 a 3 veces por semana. Tan só na última semana responsables da empresa Urbaser retiraron, tal e como indicou o edil, catorce puntos nos que se localizaron vertedoiros incontrolados no termo municipal, maioritariamente na zona rural. “Imos reforzar os controis e tamén a colocar sinalización nas zonas nas que detectamos que se están levando a cabo este tipo de prácticas, totalmente incívicas e para cuxa erradicación é preciso contar coa colaboración cidadá, porque coidar o noso entorno é cousa de todas e todos nós”, recalcou Santalla. Pola súa banda, o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, denunciou que “neses vertedoiros podemos encontrar todo tipo de entullo, electrodomésticos usados, restos de podas e talas de árbores… (cuxa procedencia está investigando a Policía Local) cando dende o Concello dispoñemos dos medios e instalacións necesarias para evitar este tipo de condutas”. Ao respecto, os edís indicaron que o Concello ten a disposición da cidadanía as instalacións do Punto Limpo municipal de Río do Pozo, operativo de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas, e tamén o Servizo de recollida de enseres co que se debe concertar a recollida chamando ao teléfono: 981 391 074. A ordenanza municipal contempla sancións de ata 3.000 euros para os casos calificados como “moi graves”, que valora a Policía de Medio Ambiente, se ben nos que se tramitan pola lei autonómica de residuos, os expedientes remítense á Xunta de Galicia –ao non ser competencia municipal- e as sancións poden superar os 30.000 euros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal