Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ESTABLECE TRES PUNTOS DE RECOLLIDA DE PRODUTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE PARA AXUDAR Á POBOACIÓN DE UCRAÍNA
A partir do vindeiro luns, día 7, poderase entregar o material no Centro de Recursos Solidarios e nos Centros Comunitarios das Vivendas da Marina e Manuela Pérez Sequeiros
Narón, 4 de marzo de 2022. O Concello súmase ás iniciativas solidarias de axuda humanitaria a Ucraína e estableceu tres puntos de recollida para as persoas que desexen colaborar e axudar á poboación que sofre o impacto da actual guerra no país. Dende o Concello anunciouse que a partir do vindeiro luns, día 7, se poderán levar produtos de primeira necesidade ao Centro de Recursos Solidarios de Narón –de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 e os mércores tamén de 17.00 a 19.00 horas-; e aos Centros Comunitarios das Vivendas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros –en ambos casos de 9.30 a 21.00 horas-. Recollerase comida (non perecedeira), roupa térmica, sacos de durmir, mantas, produtos de hixiene persoal, kits de costura, luvas e calcetíns, esterillas e colchonetas, servilletas húmidas e powerbanks para a poboación civil. Así mesmo, para o exército de Ucraína tamén se recolle ese mesmo material e lanternas e baterías, ferramentas de supervivencia, tendas de campaña, mecheros, produtos sanitarios –botiquíns, vendas, talco…-, botas militares. No que respecta aos medicamentos, en función das indicacións realizadas dende entidades que traballan nesta iniciativa solidaria, tamén se solicita auga osixenada, alcohol, antisépticos, suero fisiolóxico, luvas de látex ou vinilo, tiritas, máscaras…Non se poderán doar artículos ou alimentos con envases de cristal, para evitar problemas de rotura dos mesmos no momento do transporte do material. Dende o Consistorio naronés agradécese de antemán a colaboración de todas as persoas que poidan doar algún dos produtos indicados para axudar á poboación de Ucraína.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal