Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA ROLDA DE NEGOCIOS, MESA REDONDA CON PROGRAMADORES E MONÓLOGOS, NA PROGRAMACIÓN DESTA SEMANA DO FESTIVAL "SINGULAR"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentará a mesa redonda que se celebrará mañá no Pazo e na que participarán programadores de diferentes países
Narón, 9 de marzo de 2022. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana tres novos espectáculos do “VII Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular”. Na xornada de mañá haberá unha rolda de negocios que consistirá nun encontro con programadores nacionais e internacionais que forman parte da Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas (Redelae) e compañías de teatro galegas, que terá lugar de 17.30 a 19.30 horas. A continuación, de 20.00 a 21.30 horas, programouse tamén mañá una mesa redonda sobre “Circulación Internacional de Espectáculos Teatrais”, que presentará a alcaldesa, Marián Ferreiro. Na convocatoria, moderada polo galego Xosé Paulo Rodríguez, participarán Gustavo Zidan (Uruguay), Octavio Arbeláiz (Colombia) e Zaida Sánchez (Costa Rica). A programación desta fin de semana inclúe tres novos espectáculos. O primeiro deles, este venres, día 11, será un monólogo protagonizado por Lucía Trentini (Uruguay), titulado “Música para fiambrería-Un policial verde” e que dará comezo ás 20.30 horas. Na xornada do sábado 12 será o turno da compañía madrileña Entrecajas Producciones Teatrales, co monólogo “Silencio”, protagonizado pola actriz Blanca Portillo e que comezará ás 20.00 horas. O domingo 13 será o turno do público familiar e infantil, coa obra “A viaxe de Rosalía”, a cargo de Larraitz Urruzola e que será ás 18.00 horas no Café Teatro do Pazo. As entradas para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal