Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIOU AS OBRAS DO PROXECTO DE MELLORA DE ACCESIBLIDADE NA RÚA BISPO ARGAYA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou os avances realizados nos últimos anos para facer un Narón cada día máis accesible
Narón, 10 de marzo de 2022. Operarios da empresa adxudicataria das obras de mellora de accesibilidade na rúa Bispo Argaya avanzan nos traballos proxectados no citado vial da zona da Gándara. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recordou que a intervención que se está levando a cabo forma parte dun paquete de obras nas que tamén se inclúen as que se acometerán nas rúas Río Masma, Ferrol e na zona de Amenadás. “En conxunto, o goberno local destina unha partida de preto de 70.000 euros para continuar avanzando na mellora da accesibilidade das rúas da zona urbana”, recalcou Ferreiro. No que respecta á actuación das Vivendas do Bispo, a alcaldesa explicou que se realizarán un total de seis, dúas nas interseccións da rúa Vilabella coa rúa As Pontes, e catro entre a Vilalba e a Bispo Argaya. O rebaixe das beirarrúas no tramo dos pasos de peóns permitirá deixar unha cota cero coa calzada, o que “permite dispoñer dun itinerario accesible ao suprimir as barreiras arquitectónicas destes puntos en concreto, ao igual que se fixo anteriormente noutras zonas da cidade”. Ferreiro recalcou que “dende o goberno local continuaremos traballando para que as persoas con problemas de mobilidade ou mesmo as que teñen que utilizar carritos de bebés poidan transitar por un tramo seguro e coa máxima autonomía posible”. A rexedora local asegurou que “aínda queda traballo por realizar nesta liña pero nos últimos anos realizamos xa importantes investimentos para facer de Narón unha cidade cada día máis accesible”, aludindo aos traballos que se acometeron na zona das Vivendas da Marina, cun investimento de preto dun millón de euros, as rúas da Paz e Mugardos, e tamén en edificios municipais, como o do Xulgado, e o Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, entre outras. No mesmo plan de actuación de mellora de accesibilidade na rúa Bispo Argaya inclúense tamén doce actuacións nas interseccións da rúa Río Masma con Eo, Río Landro e Río Sor; catro na rúa Ferrol, nas interseccións coas Pontedeume e Cabanas e nove máis en Amenadás, nas rúas Ponte de Leixa, Pena Lopesa, Ponte Pielas e Amenadás.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es