Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE SOCORRISMO EN MEDIOS ACUÁTICOS NATURAIS
O curso ofrece un total de quince prazas e diríxese a persoas empadroadas nalgún dos 21 concellos do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas
Narón, 15 de marzo de 2022. A Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol mantén aberto ata o 21 deste mes o prazo para inscribirse un curso de formación para a obtención do certificado de profesionalidade de Socorrismo en medios acuáticos naturais. A convocatoria, tal e como se especifica, diríxese a persoas empadroadas nos concellos que forman parte do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior. As bases desta convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña do pasado 10 de marzo ou na web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol: www.comarcaferrolterra.es. O curso, que consta dun total de 420 horas -340 formativas e 80 de prácticas profesionais non laborais en espazos acuáticos naturais- ofrece un total de quince prazas e é de balde. A formación teórica desenvolverase nas instalacións do Pazo da Cultura de Narón e no complexo polideportivo da Gándara, tamén en Narón, se ben as prácticas terán lugar en espazos acuáticos naturais por determinar. As prazas cubriranse pola orde obtida na proba específica de piscina (mergullo, apnea, nado libre e outros estilos…), de menor tempo en adiante. A maiores do empadroamento nos concellos do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas –que debe ser con data anterior ao 1 de xaneiro deste ano- as persoas interesadas en anotarse deben ser maiores de 16 anos e posuír como mínimo a certificación ESO como formación mínima acreditada. A finalidade do curso, tal e como se especifica na convocatoria, é “dotar do certificado profesional de socorrista en espazos acuáticos naturais, onde o obxectivo fundamental é velar pola seguridade dos usuarios dos espazos acuáticos naturais, previndo situacións potencialmente perigosas e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia neste tipo de medios acuáticos”. As instancias poden presentarse ata o vindeiro luns, acompañadas da documentación requerida –que se pode consultar ao completo na web da Mancomunidade-no Rexistro Xeral da Mancomunidade (Concello de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15.402, oficina de Secretaría, primeira planta), no Rexistro auxiliar da Mancomunidade (oficinas administrativas do Mercado Municipal da Magdalena, rúa Igrexa s/n, 15.402, Ferrol) ou en calquera dos medios contemplados no artigo 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal