Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ACUDIU HOXE Á REUNIÓN CONVOCADA POLA MANCOMUNIDADE CON REPRESENTANTES DO SECTOR DO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS
Marián Ferreiro acudiu acompañada polo edil de Servizos, Ibán Santalla, para reiterarlle ao colectivo o seu apoio ás reivindicacións plantexadas
Narón, 18 de marzo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acudiu esta mañá xunto co edil de Servizos, Ibán Santalla, a unha reunión convocada a través da Mancomunidade de Concellos de Ferrol co colectivo de transportistas de mercadorías, en folga dende o pasado luns. A rexedora local e o edil naronés xa mantiveron esta mesma semana, na tarde do pasado mércores, unha xuntanza co colectivo no polígono de Río do Pozo, donde trasladaron o seu respaldo ás súas reivindicacións e se comprometeron a instalar unha carpa e un baño químico no estacionamento de camións do citado parque empresarial, donde pernoctan algúns representantes do sector dende a folga e que xa onte estaban instalados. A maiores, en sinal de solidariedade co colectivo, os tractores que realizan na cidade traballos de desbroce permanecen parados dende o pasado luns. Á reunión celebrada hoxe en Ferrol acudiron representantes dos concellos da Mancomunidade e do sector do transporte de mercadorías. O colectivo que secunda o paro incidiu nos graves prexuízos do incremento no prezo dos combustibles, da electricidade e das materias primas, que os sitúan nunha situación crítica e lles impiden traballar en condicións dignas. Os representantes da Mancomunidade comprometéronse hoxe a trasladar esta problemática ás administracións central e autonómica para urxir medidas orientadas a paliar esta situación. No encontro tamén se programou unha reunión o vindeiro luns, que se fará extensiva ás tres comarcas para que poidan participar tamén outros alcaldes e alcaldesas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Ferreiro reiterou trala xuntanza “o noso firme apoio, como lle trasladei o pasado mércores ao colectivo, ás súas reivindicacións, que considero totalmente xustas”. Así mesmo, denunciou a falta de apoio das administracións con competencias na materia e urxíu medidas para solventar canto antes os problemas que denuncia o colectivo. “Esas medidas que se anuncian para finais deste mes xa chegan tarde, hai que poñer solucións sobre a mesa canto antes porque esta situación é insostible”, recalcou a alcaldesa da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal