Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN TEIMA CONMEMORARON HOXE NO SALÓN DE PLENOS O DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu o acto acompañada pola edil de Benestar Social, Catalina García, e a presidenta de Teima, Patricia Serantes
Narón, 21 de marzo de 2022. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá no salón de plenos o acto celebrado no Concello con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, entre outros representantes da corporación local e a presidenta de Teima, Patricia Serantes, participaron tamén na convocatoria, xunto con integrantes da entidade, persoas con síndrome de Down, familiares e representantes doutras asociacións que traballan co colectivo. Ferreiro deu a benvida ás persoas que se desprazaron ao Concello para participar na convocatoria e agradeceu a Teima o feito de que elixise a cidade “para conmemorar unha data tan importante”. Así mesmo, recalcou no compromiso do Consistorio de “dar visibilidade a todas as persoas con síndrome de down e seguir apoiando a súa inclusión plena na sociedade”. A alcaldesa destacou tamén o papel das familias e todas as persoas que traballan co colectivo, destacando que “aportades á sociedade uns valores que contribúen a avanzar na pluralidade, a diversidade e a igualdade”. Na mesma liña se manifestou a edil de Benestar Social, que destacou novamente o traballo de Teima e das familias e recalcou a importancia de continuar traballando conxuntamente na sociedade para acadar a integración plena do colectivo. A continuación, a presidenta de Teima destacou o apoio do Concello naronés coa asociación ao longo do ano e valorou a súa disposición a manter esa colaboración e compromiso coas persoas con síndrome de down. As sillas do salón de plenos que ocupan habitualmente os concelleiros e concelleiras da corporación local foron hoxe para rapazas e rapaces con síndrome de down, algúns familiares e representantes doutras asociacións que se sumaron á conmemoración deste 21 de marzo. No transcurso do acto proxectouse un vídeo no que participaron integrantes de Teima e persoas con síndrome de down. No documento explicábase que “todavía hai moitas barreiras na sociedade que impiden o exercicio dos nosos dereitos e póñennolo moi difícil para vivir a vida que desexamos vivir e á que tamén temos dereito”. Valerse por si mesmos, aprender cousas, vivir independentes, saír a cear con amigos e, en definitiva, non sentirse discriminados pola sociedade, forman parte das súas reivindicacións. Despois da proxección, as persoas que ocupaban as sillas dos concelleiros e concelleiras pronunciaron unha frase reivindicativa. A alcaldesa rematou o acto dando as grazas “ás persoas con síndrome de down, ás súas familias e a todos aqueles que se esforzan para facer as súa vida cada día mellor”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal