Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONSISTORIO AO EQUIPO DE GAZAPO GESTIÓN QUE GAÑOU A FIRST LEGO LEAGUE GALICIA
Marián Ferreiro e a edil de Ensino, Mercedes Taibo, felicitaron ao equipo polo seu traballo e desexáronlle sorte na final que se celebrará en Málaga
Narón, 22 de marzo de 2022. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu esta mañá xunto coa edil de Ensino, Mercedes Taibo, a representantes do equipo de Gazapo Gestión SL de Narón, que o pasado 5 de marzo gañou a First Lego League Galicia, unha competición que tivo lugar en Ferrol. O equipo naronés representará a Galicia na final estatal que terá lugar o vindeiro 2 de abril no Pazo de Congresos de Torremolinos, en Málaga. Preto de medio cento de rapazas e rapaces, algúns deles alumnado do CPR Santiago Apóstol e do colexio da Solaina, acudiron a esta competición xunto cos seus monitores. Esta mañá, durante a súa estadía no Concello aproveitaron a ocasión para conversar con Ferreiro e Taibo e contarlle a súa experiencia no certame e a súa ilusión por participar na final. A alcaldesa e a edil de Ensino felicitaron persoalmente ao equipo e destacaron o seu traballo na área da robótica, ao tempo que coñeceron polo miúdo o funcionamento do robot que realizaron e tamén dun xogo de mesa que eles mesmos deseñaron e que distribuirán por algunhas instalacións da cidade, como centros de ensino e a Biblioteca. O equipo de H4CKZ4P0S logrou o primeiro posto co seu proxecto C0N3CT4 no evento celebrado no campus ferrolá da Universidade da Coruña (UDC), ao que acudiron máis de 300 rapazas e rapaces de diferentes municipios galegos de entre 4 e 16 anos. A First Lego League é o evento de robótica educativa máis importante e con máis difusión a nivel mundial, tal e como indicaron dende Gazapo. A alcaldesa desexoulles, ao igual que a edil naronesa, moita sorte na final que se celebrará en Málaga, animándoos a “desfrutar ao máximo da experiencia” e comprometeron o seu apoio ao colectivo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal