Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO POLO PRESUNTO FEMINICIDIO DA PASADA SEMANA EN BARRO, PONTEVEDRA
Representantes do goberno local e do persoal do Concello amosaron a súa repulsa a este tráxico suceso
Narón, 22 de marzo de 2022. O Concello acolleu este mediodía unha concentración na que se gardou un minuto de silencio ante a porta principal en repulsa do presunto feminicidio rexistrado o pasado xoves en de Barro, Pontevedra. O primeiro tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, outros representantes da corporación local e do persoal do Consistorio acudiron á convocatoria para amosar a súa condena ao suceso que a pasada semana lle custou a vida a Jéssica Méndez Iglesias, unha moza de 29 anos que faleceu un día despois de que José Eirín, veciño da vítima e de 41 anos, embestise o seu vehículo contra o que conducía ela. Eirín está en prisión comunicada sen fianza tras decretarse este luns o seu ingreso, acusado de homicidio. Segundo diversas fontes a muller era presuntamente acosada polo detido.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es