Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO CPR JORGE JUAN PARTICIPOU HOXE NO PROGRAMA DE VISITAS ESCOLARES AO CONCELLO
Os escolares participaron en varias actividades e foron recibidos no salón de plenos polo primeiro tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 29 de marzo de 2022. Unha vintena de escolares de sexto curso de educación Infantil do CPR Jorge Juan desprazouse hoxe ao Concello acompañado por dúas profesoras para participar no programa de visitas escolares ao Concello, organizadas a través do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola fóra do horario lectivo, que inclúe un área de “Coñecemento do Concello”. As nenas e nenos foron recibidos no salón de plenos polo primeiro tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, que conversou animadamente co grupo e respostou ás preguntas que lle formularon. Acompañados pola abella “Nara” e por un explorador os menores realizaron á súa chegada un crebacabezas de Narón para posteriormente, dirixirse ao salón de plenos, donde ocuparon as sillas dos concelleiros e concelleiras da corporación local. Unha vez alí, interesáronse ante o tenente de alcalde en que consistía o traballo da alcaldesa e preguntaron tamén cantas persoas traballan no Concello, se podían acudir aos plenos e se podían solicitar algunha cousa. Sánchez Fojo respostou a todas as preguntas e animounos a formular as peticións que considerasen, pedindo unha das menores que se recollan xoguetes para as familias que non poden mercalos e votando todos por unanimidade a favor desa proposta, que xa se leva a cabo e se manterá no Concello. No propio salón de plenos os menores viron a proxección de “A abella Nara”, asegurando que lles gustou e despois realizaron unha fotografía por grupos no photocall “Ti es a abella Nara” á saída. As visitas escolares continuarán o vindeiro 5 de abril, xornada na que se desprazarán ao Consistorio escolares de sexto de Infantil do CPR Santiago Apóstol, e manteranse tanto durante o vindeiro mes como en maio con alumnado dos CEIP A Solaina, Virxe do Mar e Ponte de Xuvia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal