Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RECIBIU O PREMIO MIL PRIMAVERAS POLO PROXECTO MUNICIPAL "DO BERCE Á RÚA"
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, valorou positivamente a concesión dese premio por parte da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
Narón, 5 de abril de 2022. A páxina web municipal “Do berce á rúa” –www.dobercearua.gal-, impulsada dende o Servizo de Normalización Lingüística de Narón, recibiu o premio Mil Primaveras pola súa implicación na promoción do galego, como mellor proxecto estabilizado. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, valorou positivamente este recoñecemento na terceira edición do certame, convocado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, cuxo fallo se fixo público onte. “Este espazo web, creado no ano 2010, ten unha función lúdica, ao tempo que educativa, e ofrece ás familias que acceden unha gran variedade de recursos en galego pensados para menores de 0 a 6 anos”, explicou Taibo. A oferta é moi variada: contos, vídeos, animacións temáticas, consellos de crianza…e o obxectivo principal é, tal e como recordou a edil naronesa, “buscar a participación das familias nas tarefas de incorporar o galego na comunicación familiar dende o primeiro momento”. O proxecto serviu tamén de modelo para un programa referente coma o Apego, co que coopera, e a súa presenza na rede soborda os límites do propio municipio. “Achégalle o galego desde o berce” é o lema desta web municipal, que aposta pola participación das familias para incorporar o galego na comunicación dos nenos e nenas. A concelleira de Ensino destacou o traballo que se realiza dende o Servizo de Normalización Lingüística de Narón e agradeceu, en nome do Concello, o premio outorgado. Un premio, asegurou, “que é un recoñecemento a ese traballo realizado e tamén á implicación de todas esas familias e persoal de educación que fan uso desta ferramenta web para a crianza en galego”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal