Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AMPLIACIÓN DE PRAZAS E CAMBIO HORARIO DURANTE A SEMANA SANTA NA LUDOTECA MUNICIPAL DA SOLAINA
A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a evolución da situación sanitaria permite ampliar as prazas de sete a doce en todas as franxas de idade
Narón, 8 de abril de 2022. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que a evolución da situación sanitaria permite actualmente incrementar o número de prazas ofertadas na Ludoteca municipal da Solaina, que pasará de sete a doce menores por grupo. A edil explicou que as persoas interesadas en solicitar praza poden apuntarse dende esta semana e ata esgotar prazas nas citadas instalacións, presencialmente (avenida Santa Icía, 94; A Solaina), por correo electrónico (ludoteca@naron.es) ou chamando por teléfono ao 981 389 284 en horario de 19.00 a 20.00. Os horarios dispoñibles son: os luns, mércores e venres para nenas e nenos de 7 a 12 anos (grupo verde) ou de 3 a 6 (grupo azul) e os martes e xoves para menores de 7 a 12 anos (grupo vermello) ou de 3 a 6 (grupo laranxa). Así mesmo, Taibo informou que a partir do vindeiro luns, día 11, con motivo das vacacións de Semana Santa a Ludoteca municipal da Solaina mudará o seu horario para adaptarse ás vacacións escolares, polo que os días 11, 12, 13 e 18 de abril abrirá as súas portas de 10.00 a 13.00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal