Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO DE CINE MESTRE MATEO CONTINÚA ESTE MES NO PAZO DA CULTURA COA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "A VIRXE ROXA"
O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, anunciou que a proxección, con entrada de balde, terá lugar o vindeiro 28 de abril
Narón, 11 de abril de 2022. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 28 de abril a segunda sesión do Ciclo de Cine Mestre Mateo, un circuíto de cinema en galego impulsado pola Academia Galega do Audiovisual, as catro deputacións galegas e a Secretaria Xeral de Emigración, contando en Narón coa colaboración do Cineblub Serie B. O concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, indicou que se proxectará o documental “A virxe roxa”, que obtivo o premio ao Mellor documental na vixésima edición dos premios Mestre Mateo. A cita será ás 20.30 horas e a entrada é de balde, ata completar a capacidade do Pazo. “A virxe roxa” conta a historia de Aurora Rodríguez, que no ano 1933 asasinou á súa filla, Hildegart Rodríguez, unha nena prodixio da política, precoz intelectual e pioneira do feminismo en España. No documental estarán presentes as voces de recoñecidos actores e actrices, como Antonio Durán “Morris”, Nerea Barros e María Vázquez. A peza, dirixida a público adulto, ten unha duración aproximada de algo máis de hora e media e os billetes para asistir poden recollerse no despacho do Pazo da Cultura. O pasado mes de marzo iniciouse na cidade este ciclo, que consta dun total de oito proxeccións, unha por mes, e a través do que se aposta por achegar o cinema en galego á cidadanía en xeral, tal e como recordou Sánchez Fojo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal