Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O LOCAL SOCIAL DO VAL ACOLLERÁ MAÑÁ O PRIMEIRO DOS CONSELLOS TERRITORIAIS DE PARTIICPACIÓN CIDADÁ PROGRAMADOS ATA O VINDEIRO MES DE XUÑO NA CIDADE
As convocatorias estarán presididas pola concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que estará acompañada por outros compañeiros e compañeiras da corporación local
Narón, 18 de abril de 2022. O primeiro dos Consellos Territoriais de Participación Cidadá programados ata o mes de xuño na cidade terá lugar mañá, ás 16.00 horas no local social do Val. Así o indicou a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, que recordou que as persoas que desexen asistir a estas convocatorias deberán confirmar previamente a súa asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou no teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias pode consultarse a través da web do Concello de Narón e das redes da Escola de Participación. A edil naronesa será a encargada de presidir estas convocatorias, ás que asistirán outros representantes da corporación local e concebidas para que as entidades participantes compartan a súa actual situación, as actividades que teñen previsto levar a cabo este ano e analizar entre todas e todos a dinamización da participación. Os encontros, que teñen unha duración aproximada de hora e media, están abertos á participación das entidades asociativas do municipio e moderaráos persoal técnico da Escola de Participación de Narón. Esta mesma semana tamén terá lugar, o xoves 21, o convocado ás 19.00 horas no local social Virxe de Fátima, en Freixeiro e este mes tamén se desenvolverán os previstos no local social do Couto, o día 26 -18.00 horas- e no da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, en Pedroso, o día 27 -18.00 horas-. No mes de maio programáronse os de Piñeiros, o día 3 ás 19.00; Doso, o 5 ás 18.00; o de Xuvia, o 10 ás 18.00; o de Sedes, o 12 ás 18.00 horas, nos seus respectivos locais sociais e os de San Mateo, o 19 ás 18.00 horas na Escola de San Mateo, o de San Xiao, o 24, o do Alto o 25 e o da Gándara o 31, estes tres ás 18.00 horas e nos respectivos locais sociais. En xuño levaranse a cabo os dous últimos, o día 2 en Santa Icía- A Solaina, ás 18.00 horas no local social de Virxe do Mar e o 7 en Castro, ás 19.30 horas, no local social “O Paraxe”.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es