Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS DESPRAZARASE ESTE VENRES A PEDROSO
A unidade estará operativa o venres en horario de mañá e tarde en Pedroso e tamén o vindeiro luns nas inmediacións da Cooperativa do Val
Narón, 20 de abril de 2022. Unha das unidades móbiles para a inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase este venres á parroquia de Pedroso. A unidade ubicarase na zona do campo da festa da citada parroquia naronesa, donde permanecerá operativa en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 13.00 e dende as 15.15 ata as 18.00 horas. A unidade móbil regresará á cidade, concretamente á parroquia do Val, o vindeiro luns, día 25. Estará operativa na zona do estacionamento da Cooperativa do Val no mesmo horario de mañá e tarde anteriormente indicado. As persoas interesadas en acudir poden solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal